Aurresku

martes 14 novembro 2017

Nostalxia, melancolía, frases

atormentadas, libros decapitados

bateres poéticos, noites escuras,

días silenciosos, economía que nos arruína.

Praceres ocultos, silabas varadas

no tempo, amenceres descubertos

de labias petrificadas nas montañas,

sol que abrasa a mente human.

Choreras esquecidas, ditaduras

ensambladas na Espanha do cáñamo,

flores que estrullan a escola, con

coitelos que rachan o idioma da casa.

Atardeceres que se visten de animalias

desprovistas de luces que agochan

os ollos latifundios, que se volven

rancorosos ante o Pobo, que lle deu a verba.

Salubridade nas cousas aliñadas,

compromisos adulterados por fatigas

de tanto encher o peto, chufóns

que serven, para non servir mais cós silencios.

Aine, planificar a mesura

que lle infrinxen ao cidadán,

nos leva a pensar, nunca mellor

pra traspasar os sons a realidade.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado