branca neve polo norte, polo sur

sabado 31 outubro 2020

sei que me ves

sei que me controlas

sei que me estudas

sei que me odias con aplausos.

son o que queres que non sexa

son a virtude do teu egoísmo

son o parasito da túa realeza

son a vestimenta dos teus odios.

son a polvo que ti esperas

son a sangue que ti non levas

son o refuxio que ti non entras

son o amor que ti me envelenas.

so o aplauso que ti quixeras

son a noite que penetrei no teu ego

son a rabia coa que despertas

son o que fun e búscame entre a merda.

Ledicia….. os trocos son novos

movementos que deixan o pasado

arquivado nun chip e presentan

nova epopeia dunhas mulleres saudables.






os comentarios foron deshabilitados.