Carton-Pedra

xoves 04 agosto 2016

Quéroche tocar esas mans

que senten, coma o corazón

empeza latir a cen e ti

en silencio perdes a mirada.

Esas mans que fan circular

todo o teu organismo coma si fora

unha maquina onde todos os

sentidiños se poñen a funcionar.

Teus órganos se sobrecargan

de enerxía que substitúe todo

tipo de verbas que explique todo

o que pola mente descorre.

Toda a túa forza

concentrase nos dedos

que xogan a partida do amor

se ter un vencedor que poda falar.

A música segue tocando

sobre os sentidos que pos

nos destellos cos dedos desprenden

na loucura dunha noite en vela.

Aine, esa sensación que describo

e cando ese mar que ti ves

acaricia as rochas, describindo

sons que percibimos coma Amor.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado