¿ciática....?,- el dab

martes 17 xullo 2018

Desestabilizado o poder fáctico,

as neuronas traballan en círculos

concéntricos, coma diría o poeta

extasiando a súa luxuria endémica.

Proxectos santuarios esquivos das

realidades aparentes ante cidadáns

que con cara de esperpentos debuxan

as súas mentiras nos púlpitos recalcitrantes.

No intre de falecemento do seu propio

ego, esnifado por soberbia  que lles

empuxa a seguir delinquindo, entre

as doses cada vez mais empoadas.

Os escuros do poder da sombra,

eran a mesquindade da historia humana

que recollía en verbas dispares o dominio

sobre o Pobo, que eran os vasallos do traballo.

A inutilidade do abre chaves, que con

súa ignorancia, esbardallaba sobre os

gobernos permeables, oscilaba cun anico

de corte surrealista, que equipaba, no silencio estabrecido.

…. achegan horas mortas nun pensamento

adoutrinado polas inxustizas do gran capital,

que descargaba sobre o Pobo toda súa ira

en forma de padecementos leais ao sufrimento.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado