Ciclo

xoves 29 xuño 2017

Isto é coma a ficción

convertese en realidade

de mirar o mar namorado,

as montañas galopando cara a nada.

Os fervellasverzas corpos

estacionados no descanso areal

esperan os raios afables

que lle deu á pel, cor de ambigüidade.

No posto de miramento que deposita

os meus ollos entre multitudes

estivais, abalan o benestar

da tranquilidade de beber, para non esquecer.

Digamos que na morada

do día pálido, non te atopas

nas estepas solvendo no corpo

mobilizacións que apaguen noso devir.

A espera dos amenceres

sobre longos días

reverte os poemas en longas

noites que se van dispersando amigablemente.

Aine, escúdome nas historias

pasadas que fixeron d@s humildes,

terreos de sufrimento pra que o benestar

de algúns, foxe a súa panacea estatal.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado