coltán....?

luns 06 agosto 2018

O sentir que tiña cando vía películas

sobre os negros, sen difamación da verba,

era unha loita que eu tiña no meu corpo

coa sociedade, explicado en termos do medo e dor.

As deshonras a que se vían sometidas

as Palestin@s por parte dos israelitas, xudeus,

pensaba , están usando a mesma arma, que usaron

con eles outros tempos pasados, a ignorante envexa.

Estudar os periódicos coma daban as novas

pra que a dor chegara en forma de parálises

mental, era  obvio ca presión era nosa entre

comiñas, xa que nos sentiamos participes dese dor.

Coma usan as crises pra facer mais ricos aos

ricos e mais Pobres aos Pobres, e dentro deso

baixando a  Terra a tod@s aqueles que minguaban

nun poder que non lles correspondía, mais cás ollos do Pobo.

É o capitalismo que che fai crer

que podes chegar mais enriba, porén segundo

unas regras  non escritas, se as cumpres manteste,

senón a voar sen ás, non caiamos no erro da metáfora.

…. se nunca se chegou a abarcar un Poder

do Pobo pra o Pobo, é precisamente por que se

cre ca riqueza sae dos ricos, cando realmente a riqueza

entre nos, ten que ser repartición pra o Pobo ou Pobos.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado