Cravos

martes 25 abril 2017

Non toleramos incongruencias

cós virtuosos impregnan

en bater as ás apagadas

pola sedución da envexa.

Renunciar a un soño

que deriva nun eu humano

que proe nas verbas

desequilibrios agochados no parágrafo.

Enredar con andares pausados

aluvións de pensamentos

que reflicten no día a día

os silencios que outorgan resistencias.

Almacenar en historias vividas

os logros alcanzados co suor

da sangue, produto da sicoses

líricas cás damas producían en poesía.

Enarborar as bandeiras pacificas,

emblemáticas da xuventude

perdida, polo desterro proposto

por sinistros cubatas adulterados.

Aine, cantan as sirenas

que adormecidas polos séculos

empezan a nesgar nas feridas

produto da delincuencia machista establecida.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado