dias felices

xoves 05 outubro 2017

As pisadas enfurecían os pés

que necesitaban un pouco de chocolate

que me amedrentara as enerxías

co vaivén do calzado sobre o asfalto.

Era un grolo tras outro

que difamaban vulgaridade

de combustible que precisaba

pra que o corpo aguantara a noite.

Os valados non os saltaba

porén as mans chegábanme pra subir

e baixar dos labirintos desfeitos

polos séculos das desgrazas axenas.

Rematei despois de varias

xeracións, que por falla de estudos

a vida che outorga unha sabedoría

cos libros esquecen pola letra sonora.

Mentres depositaba o cu nas cadeiras

oía os carros pasar coas vacas, os

coches, e de vez en cando unha cagadiña

que aliseraba o cheiro para un pensamento.

Aine, van xurdindo ao lonxe de

vivir, as mascaras dos ollos, que mentres

ollaba o espacio-tempo non vía a mirada

que me embargaba os sentimentos que van florecer.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado