distorsión

domingo 19 febreiro 2017

Non chega o tempo

de vai frío nas montañas

vai calor nos vales

onde ouvea o lobo de fame.

Persuadir as amizades

que revelan encontros

de puro tramite

eloxian o bo facer do serán.

Retos deleznables que avanzan

por camiños de loucura

posicionan en elementos oblicuos

ó sistema varado polo destino.

Non falo entre os dentes

por que o que escoita

recibe compulsas, que os oídos

fan das letras puras diabruras.

Onde non chegar, Pobo Galego,

que amañeces con sonos esbirros

e pasa o día entre comiñas

de cando chove ou si neva non inverno.

Aine, nas mans dos obreiros

están as reliquias dos empresarios

que si aparafusan moito o traballo

as maquinas soas rompen o pactado.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado