“domingo 23…is caput”

martes 25 setembro 2018

A tixola ruborizábase o tomate

 adoptando distintas variedades  

que encubrían a malaleite con

agarimos de descomposición flutuante.

Os pementos  acosaban tomando doses

non permitidas dos antiácidos mal

xestionados, que alumeaban a ser

aos estómagos lamentos por culpa do ser inexistente.

A cebola fai círculos pra ir

rozando  a envexa dos homes

en prácticas deshumáns atribuídas

a xogar de menos mal informados.

A sal munguía na man con dozura

selaba o mar e embelecía o

trangalleiro da panacea escrita

na amalgama de sentir do baixo.

o viño non regaba o que tiña que

desenmascarar, que eran tributos

pra non pagar a quen cultivaba

os despropósitos de haber curado a viña.

…. a esperanza non se atribúelle

ao feito que di a verba, senón

ao maleficio, ou castigo a que lles

sometían as mulleres un cruz con moito peso.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado