fascismo caput; xaque mate ó rei
O sinto, voume adicar a escoitar,
cando me falan de España, non
por ser galego, senón porque sempre
discutimos do mesmo, e duro, porén perdémonos no futuro.
O sinto, voume adicar a escoitar,
sempre a mesma discusión porque a muller
esta, a muller iso, son unhas…., e eu me
`pregunto escoitaches algunha vez a súa versión.
O sinto, voume adicar a escoitar,
falamos do poder estabrecido, criticamos
os gobernos, porén amánsavos cando pola porta
entra un traxe con garabata que di, coma andades.
O sinto, voume adicar a escoitar,
din e dicimos ca historia é cíclica,
en base a que?, non será que hai un deus
que non lle interesa que se avance, senón que se repita.
O sinto, voume adicar a escoitar,
aplaudimos a que fagan millonario a un xogador,
discutimos que é o millor, pelexamos por elo, ensinámoslle
aos fillos todo iso, e logo cando non teñen piden esmola.
.... somos nefastos progresistas, “deixamos que
nos compren”, que discutamos entre nos,
mentres eles dende súas casas risen dicindo
estes son os estudados e intelixentes, e obvio !creemos na coherencia….!.