Festa das festas

mércores 12 outubro 2016

Ai silencios que débense

falar nos pensamentos

e non escarranchalos

pola senda do enfrontamento.

Pretender chegar a lúa

sen arranxar o da terra

e falar de formigas

ou de gaivotas.

O mar é imprevisible

nos tamén,

as mareas amainan cada pouco,

porén seguen se parar.

Vencer o odio

e saber levar o intre

o estases da rabia

nunha Paz entre a mente.

Respectarse o respectar

meu ego, o teu, o del/a

é buscar unha igualdade

entre as distintas sociedades do mundo.

Aine, que xoven me sinto

cando o futuro se forxa

dende as bases, onde predominen

unha verdade, que so doa, as rochas.     






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado