guitarra

mércores 30 novembro 2016

O subconsciente me di

ca telepatía que se albisca

polo mundo non impregna

nosa mente de dislates profundos.

En troco vives no anonimato

do meu destino

cando te busco con afán

entre os camiños que non miro.

Me despistaches entre o tempo

e fusco e lusco ata que entre

os silencios das aureolas

recordei que Galicia e mas co mundo.

Deposito meus dedos

no mar de extramuros

que sobre teu corpo agochado

o universo se fai pequeno.

Os salucos cas verbas

salpican entre os dentes

precisan de unha lingua

que acicale toda frase no poema.

Aine, ves, vas, veñen

os antros descosidos nos sonos

e desembocas no mar coma

as solitarias noites amadas.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado