homeopatía democrática

xoves 10 maio 2018

OS DDHH CON QUE FINALIDADE,

EXÉRCENSE SOBRE OS PAÍSES,

SI ESTES PÁSANO `POLO FORRO

DO FELPUDO….               

Baduar entre a maleza do bosque

virtual encharcado polos abusos

deshonestos do home, admiro coma a terra

non ten medo, as continuas mentiras que oe.

Súa señoría está deitada….

analice a póliza da historia

que diga có Pobo ten que sufrir

pra que vostede viva na gloria.

Retrotraer os silencios

á mesa dun dialogo, onde

as partes discuten a polémica

vertendo verdades sobre o papel.

As sutilezas impregnadas

de envexas que afloran en

reunións, proxectan unha incultura

que desbarata todo tipo dacordo.

O vieiro do mundo cós nosos

devanceiros parangonan co

actual, é pura quimera onde

as sinerxías abren rutas a realidade.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado