Inodoro

martes 11 abril 2017

Exceso de doses de morfina

vira por un corpo

que tradea as neuronas

do sexo viril indecoroso.

A liturxia emendada

por historias pagás

sedentas de carnaza

entre os vasallos adulterados.

Logaritmos enaltecidos de mentiras

que corroen as hienas

entre películas esbozadas

en maliciosos sucos de supervivencia.

Enraizadas mafias

que sérvense de gravatas

orquestradas de luces inaxeitadas

que traballan entre a escuridade da noite.

Opulentos retrocesos

acosan as verbas

dos diminutos poetas

que berran liberdade pra o planeta.

Aine, salaio en un tira

e afrouxa da crueldade que

subsiste nos conflitos cos que

xogan os magnates da despensa.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado