Limiar

domingo 23 xullo 2017

Agora xa non durmimos

cos sacos cheos, nin espertamos

escoitando o poder da nosa mente,

describimos un fantasma que nos polariza.

Empregamos tempo nos traballos

que cada cal rememora dende

un estatus que lle permite ese tempo,

logo voltamos a camiños correctos.

Nada me aflixe mais cun soldado

loitar por unha crenza que so

dispara a unha ignorancia que nos

proxectan mentiras impostas de frases enconicas.

Abrandemos a bandeira da desdicha

que separa os inocentes da verdade

das maos encalecidas polo suor

de perder o tempo en loitas fratricidas.

Pasemos da historia imposta por ladaíñas

que crucificaron o seu porvir, vendendo

súa alma ós imperios do mal, a cambio

de escenas onde o dor e práctica de vida.

Aine, non busquemos na historia o porvir

dun futuro, esquezamos a verba turbia

e dominemos os silencios que nos queren

perturbar os horizontes agochados en pensamentos.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado