mandinga

domingo 19 agosto 2018

Sinto un lixeiro dor na man

dereita produto deso que vos

imaxinades, de cando en vez afecta

coma dor de cachola, que nos envían os homes de palla.

A porta fai un vaivén, deixando

un só coma si dunha canción se tratara,

o ar móvea suavemente embelecendo a calma

entre rachas que alimentan o desconcerto existente.

A verba fixo sangue deso que aglutina

a estupidez do home deus, que embala

a culler coma espiño postas ao Pobo, que

describen o medo, entre as vasixas de cristal perturbado.

Os antecedentes  de cada mínimo órgano

que recibía plasmas de dor, que se

escudaban nos bosques da intolerancia

pra premer de malas herbas os discursos espallados.

A figura impresa, expresan a dignidade,

co ser supremo recibe coma esmagar

sobre si o seu orde xenealóxico, perdendo a memoria.

…. almacenar os recordos da nosa

irmandade, nosa comunidade

e noso sentir alegre que dende pequeno vivimos

coma mulleres e homes, etc…. ceibes na terra.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado