Mareas mortas

martes 20 setembro 2016

É hora de pasear

e mirarlle os ollos o futuro

e saber co traballo

virou de facto todo sentido.

As extensas mañas

oprimen de cando en vez

os paos que nos deron

a grella de sabuxos.

Querer dar agarimos

en compensación a anos escuros

que nos deron por vento

e agora queren remediar con bicos.

Os rebeldes sentimentos

é hora de que dea seu froito

se non nos deixamos levar

polo presente senón facer memoria.

Algo debe sentir

noso ego

si plasmamos en revolución

a papeleta que dignifica o noso.

Aine, non deixo de alucinar

nin entendo aqueles que critican

todo o ano e despois

fanlle a pelota a un presente-pasado.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado