Mareas Vivas

xoves 22 setembro 2016

Interminables cóxegas daría

sobre o corpo que palpita no teu

andar silencioso, porén ó mesmo

tempo xogas, cuns cabelos frondosos.

O libido infrinxido no intre

que depositas esa mirada que

esconde no teu ser, un viño sobre

os beizos que non se engurran ante o cristal.

O sono que nunha noite visitáchesme

entre as sabanas, emprendiches

unha forza sobre meu corpo

que espertei todo mollado entre laios.

Estas coma ausente

cando ó meu diáfano paso

suco os teus lares sen esquecer

co alento che delata entre papeis.

No orgasmo da ausencia dos corpos

copan as miradas cos sonos desvelan

as caricias que martirizas

con pegadas sobre mentes opostas.

Aine, os salaios, as risas

e os plaxiados corpos que se ven

de día, recórdame eses ollos

que miran as montañas e mares de Galicia.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado