meandros naturais.

xoves 04 febreiro 2021

algo fío, o tempo

transcorre de pasaxe

en pasaxe coma xílgar@s

na liberdade, fora dos barrotes.

algo fío, en noites

de pronomes, verbas

e frases que revolucionan

as verdades con novos poemas.

algo, fío, poder ver mares

onde súas sociedades

sexan xenerosas á beleza

de quen @s  mira con delicadeza.

algo fío, ver montañas

que miren iris moderados

onde a bela ledicia

 xurdan lenzos, pra pinceis abstractos.

algo, fío nos silenzos

do día, coma as calcomanías

saturan de cores

a danza dos números dos reloxos.

algo fío, que recitar en

rapikoque, leva

as estrelas bailes

que se perden polos horizontes.






os comentarios foron deshabilitados.