Murolandia

domingo 25 decembro 2016

Escoito a muralla

que fala de ti

entre as verbas que din

que sabes resistir.

Lonxe na lonxanía

onde desemboca o río

que me levas ao abismo

sen estar non teu mundo.

Paseas polas rúas

sen esborrallar o empeño

de que non sofres por ti,

senón porque vivas por si.

No letargo do silencio

onde o mar fala de distancias

incorrixibles ante os pensamentos

que só os peces entenden.

As miradas que cada pedra

falsea na súa posición sobre

os pés que pisan as mañas enlouquecidas

en térrenos lamacentos de espera.

Aine, non divulgues sentimentos

que teñan morriña en silencio

sabendo ca pincelada dos artistas

afloran os recursos da existencia.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado