Non mintas

mércores 26 xullo 2017

Terra enxebre dos pais

terra dos devanceiros

terra do mar que vexo

horizonte que vexo os meus sentimentos.

Galiza das mentes solitarias

Galiza dos mares silenciados,

soños espidos que blasfeman

poesía que dignifica a pachorra.

Entre pisadas transparentes

amaino o pesar da ignorancia

que me da o non entender

o silabario co can me ensina.

A terra ao norte

describe un mar poderoso

a terra ao sur

escoita as verbas do sentir do Pobo.

Estou no silencio da noite

embelecendo o paisaxe escuro

cunha vela que ensombrece o folio

para que o amencer sexa un respiro.

Aine, somos galeg@s que vestimos

de aureolas o mundo que nos pariu,

para regañarlle aos incultos políticos

cá sede non se combate con escravitude.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado