Nu Espanha

martes 12 xullo 2016

Espido sobre unha pel

que clarexa con esquecemento

o alto voltaxe co medo

irrompe na soidade, có sol quenta.

O vestido que eleva os peitos,

coma atormentadas frases,

ca mirada achega, a mente,

desdéns sobre un río de siluetas.

A idade que posiciona sobre un corpo

enaltecido por anos de loita

das escuras verbas que tinxían  

de sufrimento os enganos perpetuados a ela.

Os rizos da comisura do traxe

que chegaban agochados e envoltos

en maceiras de flores, que falábanche

do lugar en que estivera pechado o necio.

O sentirte soa, transformando

a metáfora que encolaba as verbas,

coas bagoas, mentres crecían, os alaridos

dos bastardos nos atronadores oídos.

Pobreza do ser, que se acostumou

a mentir, pra seducir os amigos

con talantes historias que se facían virais

e agochábanse no corazón da amada.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado