Racistas

domingo 18 decembro 2016

Quixera ver sexo

nas túas verbas

sen pensar

no carallo.

Quixera  ver

as flores

nos teus peitos

e non sentir os senos.

Quixera ver os animais

correr pola selva

e non sentir, mais que sentir

que me traduces a vida.

Quixera volver  

ao ovario

pra estudiar o porqué

te tratamos coma “miseria”.

Quixera calar a miña

mente que me fixo

crer ser, o ca sociedade

me obrigou, a non pensar en muller.

Aine, desculpo a miña intelixencia

que non soubo derrogar

un antes

poren sobrevive ó futuro certo.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado