rocanrol

sabado 11 novembro 2017

Peza a peza vaise construíndo

ideas, ideas van construíndo

familias, familias van construíndo

sociedades, e estas constrúen o mundo.

A cegueira impregnada en mentes

catetas, ignorantes, deles que blasfeman

sobre o espello da súa vida

e se posicionan nunha violencia enquistada.

O sentido do ridículo, cás veces

nos sentimos por saber calar

nos intres, onde deberíamos falar

có sentir dos Pobos é mais austero cás mentiras.

Un aguia atusma a vítima

ao lonxe, porén só cando a fame

aperta, o home asexa a luxuria

inda que estea cheo, farto de glosinas.

Os traxes que usan algúns

escondese na burocracia mais

adiñeirada, pra chamar necios parasitos

aos obreiros que lles dan súas ganancias.

Aine, rapikoque, estas sociedades

non son o futuro polo que loitamos dende o

coñecemento artístico, somos mais pragmáticos

que todo isto que impoñen os de guante branco.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado