seducindo @s demócratas

xoves 04 xaneiro 2018

Estimación de probabilidades

dun encontro casual, no que o interese

sublime de constancia persoal

prevaleza sobre o estatus de estar.

A admiración conseguida perante

días e noites pensando nas posibilidades

de tirar barreiras que seduzan o paso

con garantías de non tropezar na soedade.

Ningún acto irresponsábel pode

desenrolar as miradas escritas no

tempo, denigrado polo pasotismo

esnifado dunha vida relaxada, no acontecer diario.

As propostas insalvables de comunidades

que se pechan en mecanismos mentais

antepostos a proxectos que realizamos

cunha amalgama de cores distribuídos no anonimato.

As razóns que involucran a lóxica

desmitificada en horas de pensamento

rectilíneo desproporciona a realidade

cando che envaíña o rexurdir do rapikoque.

Aine, non adoezas dos pícaros

que desnaturalizan a sonoridade

que escoitamos, de cando os estados

de animo reverten a volta ao traballo.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado