somos a sombra da luz.....
martes 22 decembro 2020
un mínimo terremoto oíuse
nalgures, estaba en silenzo,
o moble empezou a facer música,
coas copas…..
na cociña os electrodomésticos
acompasados, vibraban sen parar
o que enriba tiñan, na mesa os
bártolos resoaban coma tambores
e de repente un pano fixo o silenzo outra vez…..
eran as odas do mar
que o vento as facían
cantar, ou eran as bruxas do bosque
que afloraban os sentimentos…..
foron dous, tres segundos, non o lembra
porén gravou a música que silenciaba
o medo ao despertar dunha pesádela
que non foi realidade…..
ledicia….. as carreiras de obstáculos
sálvanse saltando as vallas, na vida a ledicia
non e o saltar ao oco, senón, o razoamento
ao despertar un día tras outro sen molestar…..