SONRIR

xoves 23 xuño 2016

O despertar cada mañá

coa música da natureza

mirarte os ollos

e sentir náfreas de alento.

O desafogo que me produce

unha revolución do Pobo

pra saborear o pracer de dicir

ca vida chega o punto de existir.

Mireite, direille a miña musa,

o que fomos e cara onde imos,

có medo que corroe moitas mentes

por non deixar o establecido.

Somos solitarios niste intre

de penurias da sociedade

que fan cás crises sistémicas

padezan os pobres por monteiras.

Espremen nosa sangue

e non che remuneran con verbas

de afecto, senón aproveitan o ben feito

pra ensinalo ós seus, pra poñerse medallas.

Eu vivo os meus sentimentos,....

có mundo dos Pobos nos pide lóxica

onde un simple voto fai dano e é secreto,

emancipar os destinos pra non apagar a loita.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado