sostenibilidade....

venres 15 marzo 2019

Miro túa imaxe entre

os pesares pensamentos que

atopan nos ollos o signo

dunha felicidade que estamos creando.

Os silencios obtidos neste tempo

de alegría, entre nos, sobre os

espasmos dun mundo que ía

cara unha fundición de ferro.

O intentar sobrepoñerse a miña

conciencia  de non superar o teu

ego, porén si superar outro

dun delfín da malicia acúeste.

As silabas non me chegaban a ti

cada día era outro distinto

recolliamos os méritos alcanzados

nos soños que discorrían entre bambolinas.

Non esquezo nin esquecerei a vosa

imaxe de meu corazón, queda

gravada nun circulo que abre as

portas ao mundo que dignifica o Rapikoque.

Ledicia…. esas miradas dos nosos soños

non alixeran o peso do mundo

porén si dan felicidade a esas partes

que sempre creron nunha liberdade do individuo.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado