tempos de ledicia.....

venres 17 xullo 2020

Estabamos nunha soedade de un mundo perdido

de animalias humanas

que anacronicamente

eran inferiores as mentes craras.

Non abandonamos o barco

da esperanza, porque as gañas

son mais, cás derrotas, os sentimentos

son mais fortes cás mentiras, das que se nutren.

Non vamos de vítimas do pasado

que algúns queren vaticinar,

as vitorias empézanse de cero

pra tombar o despotismo férreo de olores putrefactos.

Seguen a gozar das mortes, das violacións…..

que son os que engordan o medo a verdade

porén os silenzos empezaran a saír

do túnel do tempo, coma a auga das fontes que brotan.

Ledicia….. as flores xa están nos campos

os días amence craros

as noites soan a música

e empezamos a educar dignidade…..






os comentarios foron deshabilitados.