vaivéns da ledicia.....

sabado 01 agosto 2020

música, música, onde estabas,

espallada, solitaria, desmedrada,

aos oídos das persoas que te

escoitaban baixo pirámides adestradas.

música, música, atopácheste nun

burato agochado nos sentimentos

dos artistas, pra apelar as nostalxias

a veces e as ledicias outras sen que…..

música, música, non abandones istes

intres de ilusións, sen sentir que

non só tocaches pra min, senón pra o mundo…..

música, música, os dedos das mentes

dos artistas van tocando os compases

que tod@s vamos sentido en distintos intres…..

Ledicia….. non soamente te vexo tocando

os distintos instrumentos que polo mundo

circulan, senón que as verbas acompañan

con doces melodías pra quen as escoita…..

 






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado