Xenxibre da colmena

mércores 24 agosto 2016

A amargura que sempre se nos da

nos intres que nos topamos

so, usufructúa en estados

emerxentes.

As portas ábrense e péchanse,

nos abrímonos e pechámonos

coma forzas que se encerran

no labirinto do amor.

os cabelos revíranse de voltas,

co vento recita, con poesías que

escoitamos a luz da lúa, coma

seres que o dilúen no auga.

Os dilemas ca vida nos inculca

en soños irreais, que moitas veces

se fan virais, dentro dos peitos que teñen

morriña, os ollos que albiscan silencios.

Pra chegar ó porto,

sen pisar rúas que florezan

e falen de liberdades sobre o entorno

que nos topamos en cada intre.

Aine,escóitote cada noite

e síntome un tolo que fala en soños,

malia non recordo mas que segundos,

de cando desperto e sinto túa imaxe.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado